Proxecto
Entrevideiras Viños nace no verán de 2016 froito das inquedanzas e pensamentos comúns duns amigos vencellados o mundo do viño en Galicia e o seu territorio. Nun arrebato de tolería deciden xuntar esforzos o redor dun pequeno pero ambicioso proxecto que fora o espello onde reflexar as súas emocións e experiencias vitivinícolas máis atrevidas. Un espello onde mirar e atopar a esencia dos viños tradicionais sen renunciar a calidade, respetando o medio e a paixase que os rodea. Un espello que reflexara as paraxes onde medran as vides que coidan e imprimen nos viños carácter propio.
Pensamos na importancia de por en valor a riqueza varietal autóctona que todavía reside en pequenos viñedos ancestrais espallados pola comarca do Condado, o Morrazo e noutras magníficas paraxes insólitas da viticultura galaica. Sousón, Pedral, Espadeiro, Caiño, Ferrón, Castañal, Brancellao, Loureiro, Godello, Lado, Treixadura, Ratiño, Raposo…, branco, tinto, rosado… son o noso obxetivo. Variedades habituais noutrora nos lagares das casas labregas que agora, resisten eternas, ocultas entre videiras a espera dun rexurdir.
Entrevideiras Viños quere ser unha fiestra aberta o rural galego, o seu clima e a súa riqueza natural e cultural. Unha fiestra a través da que contemplala paisaxe vitivinícola creada por homes e mulleres en lustros de traballo labrando un territorio.
Entrevideiras Viños é a nosa forma de expresarlo apego a terra e o vínculo con ela.