Entrevideiras

texto_entrevideiras_invertido_color

O nosos viños

Destacan aromas a froitos negros e vermellos maduros; arandos, cereixas, moras ou granada e lixeiros florais de violetas e rosas, entre outras notas especiadas de pementa e noz moscada.

Boa intensidade aromática. Aromas frescos e elegantes. Flores brancas, plantas aromáticas e suculentas costeiras (sabugueiro, xasmín, herba luísa, salicornias), balsámicos (loureiro, funcho).

Destacan aromas a froitos bravos maduros e en marmelada; arandos, fatóns, sabugueiro e moras sobre un fondo especiado de pementa negra, noz moscada e xenebro.

Destacan aromas a froitos vermellos e bagas acedas tipo, amorodos, frambuesas, cereixas e selecta. Recordos florais de violeta, rosas ou breixo e notas especiadas e balsámicas a copa parada.

As videiras

Espadeiro

Espadeiro

O Espadeiro é una variedade de uva tinta, orixinaria de Galicia. Moi escasa. Utilízase para la producción de viños de calidade. Outros nomes cos que se coñece son: arenal, espadal, espadeiro da tinta, padeiro de basto, padeira de basto e tinta pobres.

uva pedral

Pedral

O pedral ou Dozal é unha variedade autorizada para a elaboración de viño na comunidade autónoma de Galicia

Uva caiño tinto

Caiño tinto

O caíño tinto é unha variedade de uva tinta autóctona galega e norte de Portugal. Lixeiramente aceda, cultívase nas Rías Baixas e noutras comarcas como o Ribeiro.

Uva souson

Souson

O souson e unha uva tinta autóctona de Galicia e a rexión Norte de Portugal, de pequeno tamaño,  utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.

Uva mencía

Mencía

O mencía é a variedade de uva tinta máis cultivada en Galicia, raíña da Ribeira Sacra e Valdeorras, e a tinta máis plantada noutras denominacións onde predominan as uvas e os viños brancos como Monterrei e Ribeiro.

Uva Albariño

Albariño

O albariño é a variedade de uva branca máis cultivada en Galicia. Predomina sobre todo nas Rías Baixas, xa que consegue no clima e no chan propio desta zona a súa máxima expresión cualitativa.

Uva loureira

Loureira

A loureira é unha variedade de orixe descoñecida, de plantación moi antiga e apreciada pola súa riqueza en aromas e sabores orixinais que lembran ao loureiro, que lle confiren unha gran personalidade.

0
    0
    Carriño
    Teu carriño esta valeiroVoltar a tenda
    Scroll ao inicio